Nesta actividade a gastronomía e a literatura se mesturan para descubir que cociñar e contar contos teñen en común a memoria e o gusto por compartir
Cal pensades que é a nosa sobremesa máis tradicional? Non vos preocupedes, que xa volo dicimos nós: a bica.
Coñecemos moitas variedades deste biscoito segundo a zona de Galicia, pero hai algo que nunca cambia: a súa textura suave e ese arrecendo inconfundible a canela que nos abre a fame só de pensalo.
Neste obradoiro da Biblioteca de Galicia prepararemos unha deliciosa bica mentres descubrimos os seus segredos, as súas receitas e as distintas versións que existen por todo o territorio galego. Mentres o aroma a canela enche os espazos da biblioteca, tamén imos compartir e explorar a tradición a través da palabra.
Durante a actividade, que terá lugar o próximo sábado día 20 de xuño, escoitaremos o conto do chef Martiño, un cociñeiro que está a preparar o seu propio biscoito mentres soña con converterse en gran chef. Ao longo do obradoiro, este personaxe acompañaranos cunha historia divertida e chea de aprendizaxes, na que a cociña e a imaxinación van da man.
Este é un espazo no que a gastronomía e a literatura se mesturan de forma natural. A través dos sabores e dos relatos, descubrimos que cociñar e contar contos teñen algo en común, ambas cousas nutren a creatividade, a memoria e o gusto por compartir.
Obradoiro gastroliterario
Título: A BICA QUE RICA!
Imparte: Reviravolta
Data: 20.06.2026
Público: De 5 a 12 anos
Lugar: Sala 1 da Biblioteca de Galicia
Horario: 17.30 horas
Duración: 90 minutos
Prazas: 18
INFORMACIÓN PRÁCTICA
- A actividade é de balde, mais precisa inscrición na web da Cidade da Cultura
- Se as prazas están esgotadas, estade atentas/os porque pode quedar algunha libre ao haber anulacións
- Para calquera consulta, contactar con
bibliotecadegalicia [at] xunta.gal (bibliotecadegalicia[at]xunta[dot]gal) - Dirixido a cativada entre 5 e 12 anos. As prazas de acompañantes son para nenos/as que participen no obradoiro.
- Os adultos NON poderán permanecer na aula durante o obradoiro.