“Do soño á Apocalipse. Os vieiros da literatura fantástica en galego” chega as aulas galegas

Imaxe

Unha unidade didáctica coa mostra coma protagonista busca dar a coñecer obras de fantasía, ciencia ficción e terror entre o alumnado

A mostra bibliográfica Do soño á Apocalipse. Os vieiros da literatura fantástica en galego, que se pode visitar na Biblioteca de Galicia ata o 31 de maio, trascende os muros do edificio e chega ás aulas galegas da man dunha proposta educativa dirixida a diferentes idades.

Con esta unidade didáctica, elaborada pola comisaria da exposición, Alba Rozas, e en colaboración coa Biblioteca de Galicia, búscase dar a coñecer diferentes obras de fantasía, ciencia ficción e terror entre o profesorado e o alumnado, ao mesmo tempo que se propoñen diferentes ferramentas e obradoiros para traballar na aula e fora dela, visitando a exposición na Cidade da Cultura.

Grazas a esta proposta, que todos os centros da comunidade educativa que estean interesados poden descargar xa libremente, a rapazada dos últimos cursos de primaria, secundaria e bacharelato poderá ampliar os seus coñecementos de literatura galega descubrindo as orixes, implicacións e tendencias duns dos xéneros de máis actualidade do momento.

A exposición virtual da mostra bibliográfica está dispoñible na páxina web da Biblioteca e, ademáis, se algún centro educativo está interesado en acudir a visitala de xeito presencial, poden enviar un correo electrónico a bibliotecadegalicia [at] xunta.gal (bibliotecadegalicia[at]xunta[dot]gal)