O patrimonio cultural dixital en Galicia

Imaxe
16 de Decembro 2022, 9:00 - 15:00

A dixitalización da patrimonio cultural galego tomou o protagonismo nesta nova xornada da BdG

A Biblioteca de Galicia organizou esta nova xornada para dar a coñecer, analizar e reflexionar sobre os case 15 anos de proxectos de dixitalización que se levan impulsando desde a Xunta de Galicia. Neste tempo é incuestionable que se enriqueceu e facilitou o acceso ao patrimonio cultural dixital galego pero tamén implicou unha especialización técnica que precisa de certa formación en habilidades tecnolóxicas, tanto para os usuarios e usuarias como para os profesionais das institucións da memoria.

A sesión contou cun relatorio sobre os proxectos de Hispana e Europeana, e tamén  deu voz ás iniciativas que se están levando a cabo nas universidades galegas. Ademais na xornada estivo presente o persoal técnico responsable dos tres proxectos vencellados con Galiciana, Biblioteca, Arquivo e Patrimonio Dixital, así como representantes dalgunhas das institucións culturais galegas que destacan polo seu compromiso coa dixitalización dos seus fondos patrimoniais: Museo do Pobo Galego, Real Academia Galega, Fundación Barrié, Biblioteca de Estudos Locais da Coruña e Ateneo Ferrolá.